PONTE NOVÍSIMA

Civil
457
No Camiño de Santiago

Localización

Estrada N-525 enlace con N-120

32002  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 44.1" N - 7º 52' 32.2" W

Descrición

A Ponte Novísima foi proxectada a comezos dos anos 60 como parte da estrada de Madrid, unha das principais infraestruturas viarias da época. Adecuábase así a conexión coa Meseta, os chamados «accesos a Galicia», nos que Ourense xogou un papel central como eixo de comunicacións.
Tamén coñecida como Ponte Ribeiriño, foi proxectada  polo enxeñeiro José Antonio Puyal Lezcano. A súa construción finaliza en 1966, pero non será até 1971 que comeza a cumprir a súa función, cando queda conectada á rede de estradas.
A lonxitude total de obra, 240 metros, organízase entre un van central composto por dúas inmensas bóvedas de 60 metros de luz, e oito laterais de 20 metros de luz cada un, todos apoiados sobre grosos alicerces rectangulares. Integramente construída en formigón, a ponte elévase 20 metros sobre o nivel normal do río.

Acceso

Dende o parque de San Lázaro coller a rúa Xoán XXIII e logo a rúa Ervedelo. O chegar a rotonda, virar a dereita cara o río.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba