CASA REITORAL DE RAIRIZ DE VEIGA

Civil
383

Localización

Parroquia: Rairiz de Veiga (San Xoán)

Lugar: Rairiz de Veiga

Praza da Igrexa

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 04' 57.6" N - 7º 49' 56.5" W

Descrición

Trátase dun edificio de desenvolvemento perpendicular (en forma de escuadra) que aparece complementado cun patio e unha horta propia ou diestral. O bloque orixinal posúe unha antigüidade superior aos douscentos (200) anos.
A fábrica da vivenda é humilde (opus vittatum) e articula os muros dun edificio de medianas dimensións, baixo e unha altura. A arquitectura presenta ocos de entrada e iluminación, polo xeral, de escaso tamaño, algo motivado pola humildade da estrutura e dos materiais de construción, que antano non soportaban deseños máis ambiciosos.
Destaca no conxunto a espléndida solaina ou corredor exterior con piso de pedra. Na cara leste deste mesmo edificio, e mirando cara a horta, discorre outro corredor máis deteriorado que o primeiro. Na fachada principal destaca un balcón voado soportado por tres canzorros de pedra en forma de modillóns de rolos.

Acceso

Esta casa está situada no núcleo municipal.
Arriba