CASA REITORAL DE LAMPAZA

Civil
538

Localización

Parroquia: Lampaza (Santa María)

Lugar: Lampaza

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 06' 14.9" N - 7º 51' 47.9" W

Descrición

Vivenda de dúas alturas e cuberta a catro augas, situada a carón do templo parroquial, que amosa un desenvolvemento lonxitudinal que aparece constituído por unha serie de bloques edilicios de idéntica tipoloxía e desigual tamaño. O edificio evidencia unha obra levantada en distintas fases con opus semellantes (opus quadratum e vittatum respectivamente).
Este edificio responde á conformación máis común nas casas rectorais en todo o termo municipal de Rairiz e a súa comarca. Consta dunha edificación principal de planta rectangular –maiormente a de altura máis elevada- de dúas alturas (a solución máis habitual) ao pé da que se constrúen un ou dous corpos edificatorios –as máis das veces de menor altura- nos que se atopan, ben as dependencias comunitarias (cociña, lareira, forno...), ben un alpendre ou corte sobre o que se levanta a palleira (a solución máis habitual nas aldeas das terras altas).
Efectivamente, aquí adóitase utilizar este tipo de solución volumétrica para ordenar o espacio privado das súas casas-vivenda. Estas, constitúense como unha sorte de complexo agroresidencial que evidencia cal é a principal actividade económica dos seus habitantes: a actividade agro-gandeira.
Destaca o portalón de entrada monumental que dá acceso ao patio aberto da casa.

Acceso

Esta casa dista do núcleo do concello, 5 km., collendo a estrada a Celanova, ata o cruce, xirar a esquerda pola estrada OU-531 e seguir ata Lampaza.
Arriba