SOLAINAS DOS SALGADOS

Civil
375

Localización

Parroquia: Rairiz de Veiga (San Xoán)

Lugar: Santa Baia

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 06' 22.2" N - 8º 01' 55.6" W

Descrición

Un conxunto de seis vivendas unifamiliares de disposición illada ou apegada orientadas ao longo dun rueiro construído soamente nunha das súas marxes. A totalidade destas casas presenta planta rectangular e dous andares, situando no piso superior unha solaina en forma de galería ou miradoiro que, na maior parte dos casos, atopan apoio nunha columnata granítica.

Acceso

Desde o núcleo de Rairiz de Veiga hai que coller a estrada a Santa Baia, e a 1 km. atópase A Solaina.
Arriba