POMBAL DE VILELA

Etnográfico
442

Localización

Parroquia: Vilela (San Miguel)

Lugar: San Miguel 12

15105  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 28.1" N - 8º 39' 03.4" W

Descrición

Durante séculos, foi privilexio de pazos, casas labregas grandes e reitorais. E así, podemos atopar pombais nos pazos de Vilar de Francos e As Pallas ou, preto dos igrexarios, en Entrecruces, Sofán, Oza ou Lema.
En Carballo, destaca o de San Miguel de Vilela, moi próximo á igrexa e a unha fonte de augas con sona de milagreiras. O lugar, ademais, ofrece unhas fermosas vistas do Espazo natural da marisma e lagoa de Baldaio.

Acceso

Desde o núcleo urbano municipal, é necesario tomar a AC-552 e percorrer 3,5 quilómetros para coller a DP-1909. Logo de percorrer 6 quilómetros aproximadamente por esta estrada, débese tomar a dirección cara a Igrexa parroquial de San Miguel de Vilela. A poucos metros atópase o pombal.
Arriba