FESTA DO CALDO GALEGO DE MOURENTE

Festas de interese turístico
1256
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 09/03 - 10/03

Localización

Parroquia: Mourente (Santa María)

Lugar: Mourente

Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 33.5" N - 8º 37' 18.1" W

Descrición

Esta é unha festa gastronómica que se vén celebrando durante 27 anos ininterrompidamente e está organizada pola asociación de veciños O Castro na parroquia de Mourente, en Pontevedra.
Celébrase esta Festa do Caldo sempre o segundo domingo de marzo e son instaladas grandes carpas xunto con mesas e cadeiras para a comodidade dos que se acheguen a festa. O caldo sérvese nunha cunca serigrafada e pódese repetir gratuitamente (invítase a unha cunca de caldo a todos os peregrinos acreditados do Camiño de Santiago que pasen pola festa).
Ao mediodía procédese á lectura do pregón por unha persoa recoñecida no ámbito da cultura e ao desfile de confrarías gastronómicas invitadas. Ao terminar haberá actuacións musicais de grupos folclóricos de Galicia e Portugal e visita ao monumento ao caldo.
Todos os anos impóñese un pote de prata a unha persoa homenaxeada da parroquia. A Orde do Caldo que está formada por 140 confrades que promocionan e defenden o caldo por onde pasan, podendo pertencer a esta orde os que o desexen.
Os ingredientes que leva o noso caldo galego son: auga de calidade, carne de tenreira, de porco, como costela salgada, cacheira, lacón, touciño entrefebrado, chourizo, galiña e unto (indispensable para facer un bo caldo). 
As verduras e legumes que leva son: grelos, repolos do país, a pataca fariñenta e as fabas, que son tamén indispensables no caldo.
Destacado:
Degustar o caldo na carpa co acompañamento da música tradicional.
 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba