CRUCEIRO DE SAN XOÁN DE BARBADÁS

Etnográfico
399

Localización

Parroquia: Barbadás (San Xoán)

Lugar: Cimadevila

32890  Barbadás - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 36.4" N - 7º 53' 24.1" W

Descrición

Reconstruído no século XX, ofrece interese pola súa simboloxía. Con data de construción do século XIX. Base con tres chanzos. Pedestal de sección cuadrada con inscricións talladas onde aínda se pode ler “de San Juan Bautista, Barbadanes”. Fuste de sección cuadrada no seu comezo que pasa a octogonal. Capitel con volutas, e catro rostros tallados, un por cada punto cardinal. Cruz con un cristo crucificado cara o oeste e una virxe cara o leste.

Acceso

Dende o núcleo municipal seguiremos a estrada dirección Celanova, e ó saír do núcleo, como a 150 m., na primeira rotonda, atopamos o cruceiro.
Arriba