CASA GRANDE DE SAN FIZ

Civil
465
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Fiz de Asma (San Fiz)

Lugar: A Casa Grande

27516  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 25.8" N - 7º 43' 12.4" W

Descrición

Tamén chamada Casa de Fonte Fiz. Pertenceu aos marqueses de Hombreiro. Amplas dependencias, ventás con apoio e arcos de descarga, balconadas con canzorros, montantes, pombal separado, e capela de planta rectangular nun ángulo da casa.
Escudos: na fachada oeste, 0,72 por 0,65, cuartelado: barras, tau, lis e barras no primeiro cuartel: tres lises no segundo, tres aves no terceiro, bandas diagonais e roda de Santa Catalina no cuarto. Escudo da fachada sur enmarcado nun circulo de ramaxe e cuartelado: tau, barras, barras e lis.
Propiedade privada non visitable.

Acceso

Saír da vila pola Avenida de Lugo (N-540).  Antes da gasolineira tomar desvío á dereita pola estrada LU-P-1802.  No seguinte cruce tomar, novamente, desvío á dereita e continuar pola LU-P-1811. Atópase a 5 kms, aproximadamente.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba