MU MORADAS NO ULLA

Apartamentos - Apartamentos 1 Chave
1755
No Camiño de Santiago

Descrición

U_ Moradas no Ulla, son tres exclusivas cabañas de sinxelo e moderno diseño en conexión coa natureza, onde o mais importante para nós, é o benestar das persoas.

Un retiro nunha paisaxe rural da comarca de Compostela, entre bosques e prados, moi preto da ponte colgante do Xirimbao sobre o fermoso rio Ulla. A cercanía con Santiago de Compostela e tamén coas virxenes e solitarias praias de Arousa Norte e do Atlantico, converten a MU no punto de partida ideal para poder explorar, evadirse e facer valer o esencial da vida.

A singularidade da arquitectura radica na sinxeleza do deseño, un interiorismo de inspiración nórdica, a calidez da madeira de pino ecolóxico como material principal e na escolla dun paisaxismo naturalista acorde e integrado. Contan con capacidade para 2 adultas/os e 1 nena/o ata 12 anos, en unha superficie interior de 27 m2, e unha terraza exterior privada de 9m2. Cada cabana está provista con un baño con ducha de chorros, amenities ecolóxicos e toallas, un dormitorio con cama de 1,5m, unha cociña equipada con todo o básico, unha zona de estar con sofá cama pequeno, aire acondicionado, calefacción, TV, wifi, libros e xogos.

A nosa filosofía principal é o profundo respecto polas persoas e por todo o que nos rodea. Unha das nosas labouras é coidar do máximo nivel de benestar e seguridade de todas e todos os que nos visitades. Mu é ideal para facer efectiva a nova normalidade: un lugar moi pouco concorrido no medio da natureza e o rural. Non dispoñemos de recepción nin de zonas pechadas común. Cada unha das tres cabanas, separadas entre sí por mais de 20 metros, conta con todo o necesario para ser autónoma e ,si se prefire, non ter que depender de nada externo.

Adicamos case 2 horas en deixar impecable cada cabana, empregando os produtos axeitados para conseguir a máxima eficacia, e empregamos

 despois de cada saída,  un purificador de ozono dentro da cabana para unha total seguridade.




Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Tipos de servizos

Aire acondicionado
Aparcadoiro
Auga quente
Frigorífico
Internet
Televisión
Terraza particular
Arriba