SEIXALBO

Etnográfico
788
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Seixalbo (San Breixo)

Lugar: Seixalbo

32970  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 18' 18.0" N - 7º 51' 23.6" W

Descrición

Declarado Núcleo de Interese Etnográfico, Seixalbo conserva o aspecto que houbo de ter no medievo, cheo de recunchos e rúas estreitas esperando ser descubertas. Está situado na Vía da Prata-Camiño Mozárabe, no que outrora foi o Camiño Real a Castela, e dá a benvida aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Na Idade Media foi terra humilde dedicada ao cultivo de viñedos, na que labregos e xornaleiros traballaban as terras do Cabildo Catedralicio, señor do lugar. A historia lembra os seus habitantes pola honra de seren os primeiros en conseguir a exención dos foros que pagaban polo uso destas terras de propiedade eclesiástica. Conseguírono en 1859, cen anos antes que no resto de Galicia, despois de dúas décadas de preitos contra a Catedral. 

Acceso

Situado nas aforas da cidade de Ourense, accédese pola OU-105. Hai transporte público ata a localidade.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba