FONTE DO SANTUARIO DOS MILAGRES

Etnográfico
599

Localización

Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)

Lugar: O Outeiro

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 39.2" N - 8º 36' 24.1" W

Descrición

Á saída do santuario, á man dereita, atópase unha fonte construída no ano 1828. Posúe unha auga pura e cristalina que, segundo as crenzas populares, é milagreira. A crenza popular atribúelle propiedades curativas para problemas da pel. Os romeiros mollan un pano na auga e póñeno a secar; cando seque, todos os males desaparecerán. Durante os días de romaría é habitual ver un manto branco ao redor do manancial.

Acceso

En autobús: Desde a estación de autobuses da Coruña (Empresa Arriva) hai cinco servizos diarios de luns a venres, dous os sábados e tres os domingos e festivos.
En coche: Collendo a AC552 (A Coruña - Cee), seguindo estas alternativas dirección Caión:
1ª Desvío en núcleo urbano de Arteixo pola DP0514.
2ª Desvío en núcleo de Paiosaco pola DP0513. Se se usa a AG55 tomar a saída de Paiosaco.
3ª Desvío xunto á praza do Concello da Laracha pola DP1913 e DP1909.
4ª Na rotonda de acceso AG55 por parque empresarial tomando a DP1913 e DP1909.
Arriba