VILA DE CAIÓN

Etnográfico
558

Localización

Parroquia: Caión (Santa María do Socorro)

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 05.1" N - 8º 36' 21.9" W

Descrición

Situada sobre unha pequena península (494 ha.) é a única saída ao mar do municipio. A orixe deste núcleo costeiro data da Idade Media, con asentamentos de persoas dedicadas á pesca. A mediados do século XVI chegaron a este enclave mariñeiros vascos para a caza da balea. O licenciado Molina na súa Descripción del Reyno de Galicia (ano 1550) xa falaba do porto baleeiro de Caión. Entre mediados do século XVI e principios do XVIII, baleeiros vascos e caioneses cazaban baleas vascas (Eubalaena glacialis) na costa de Caión. A caza da balea e o seu aproveitamento xerou un importante movemento comercial, dando traballo a moita xente da vila e dos pobos veciños.

Acceso

Situada sobre unha pequena península (494 ha.) é a única saída ao mar do municipio. A orixe deste núcleo costeiro data da Idade Media, con asentamentos En autobús: Desde a estación de autobuses da Coruña (Empresa Arriva) hai cinco servizos diarios de luns a venres, dous os sábados e tres os domingos e festivos.
En coche: Collendo a AC552 (A Coruña - Cee), seguindo estas alternativas dirección Caión:
1ª Desvío en núcleo urbano de Arteixo pola DP0514
2ª Desvío en núcleo de Paiosaco pola DP0513. Se se usa a AG55 tomar a saída de Paiosaco.
3ª Desvío xunto á praza do Concello da Laracha pola DP1913 e DP1909.
4ª Na rotonda de acceso AG55 por parque empresarial tomando a DP1913 e DP1909.
Arriba