FONTE DO SANTUARIO DE SANTA MARGARIDA

Etnográfico
666

Localización

Parroquia: Montemaior (Santa María Madanela)

Lugar: Santa Margarida

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 44.4" N - 8º 35' 38.6" W

Descrición

Atópase enmarcada entre a famosa carballeira e o santuario de Santa Margarida. Da fonte brota auga considerada milagreira. É habitual ver aos romeiros nesta fonte para mollar os seus panos ou recoller auga e, despois, humedecer aquelas partes do corpo que ofreceron á santa.

Acceso

Desde a estrada DP2404 A Laracha - A Silva tomando calquera dos cruces á dereita a partir dos PK 8,500 e 12,500.
Arriba