CRUCEIRO DO CASTRO

Etnográfico
366

Localización

Parroquia: O Castro de Ouro (San Salvador)

Lugar: O Castro de Ouro

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 40.1" N - 7º 24' 31.5" W

Descrición

Está situado no antigo patio de armas do Castelo do Castrodouro, na parroquia do mesmo nome. A súa estructura é bastante sinxela. Presenta un pedestal cúbico onde se sitúa unha placa de mármore que fai referencia a unha fundación de tipo relixioso. Non ten basa, o fuste é de sección cadrada pero con rebaixes nas aristas, salvo nas unións; o capitel é case cadrangular sen ornamentación e na cruz aparece o corpo crucificado de Cristo coas mans abertas e a cabeza caída e ladeada. O conxunto está realizado en granito local.
Arriba