CRUCEIRO DA FONTE

Etnográfico
344

Localización

Parroquia: O Castro de Ouro (San Salvador)

Lugar: A Fonte

27773  Alfoz - Lugo

Descrición

Este foi un cruceiro viaxeiro posto que estivo en Madrid durante uns anos y despois volveu á parroquia do Castro no ano 2002. Foi recolocado por Antonio Couso Braña e según testigos data do ano 1987. Aparece sobre unha plataforma de dous chanzos cunha base cadrada. O varal coa imaxe de Santiago ten forma hexagonal e sobre este capitel con follas de acanto que o envolven e está adornado con anxos en tódalas súas caras. No anverso a imaxe de Cristo sobre unha peana. A cruz é cadrada sin adornos e con cartela. No reverso imaxe da Virxe Peregrina con vara e un neno no brazo.
Arriba