CRUCEIRO DA IGREXA DE BACOI

Etnográfico
446

Localización

Parroquia: Bacoi (Santa María)

Lugar: A Faia

27775  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 38.8" N - 7º 23' 29.6" W

Descrición

Trátase dun Cristo xiratorio na parte superior. Fai un tempo tirouno un camión e foi restaurado e colocado no mesmo lugar, preto do camiño da misa. Foi o lugar de enterramento de nenos de nais solteiras. Estos lugares eran coñecidos como Cemiterios da Deshonra. Está colocado sobre unha base moi irregular. A cruz ten forma cadrada e na base do varal atopamos catro figuracións: caveira, cara de un home, de muller e muller embarazada. Así mesmo, destacamos a diferente simboloxía sobre a morte. A cara do Cristo semella unha caveira e a Virxe María descansa ao lado dun neno amortaxado ao nivel dos pés.
Arriba