CRUCEIRO DE ALLEGUE

Etnográfico
345

Localización

Parroquia: Carballido (San Sebastián)

Lugar: Allegue

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 51.2" N - 7º 22' 44.0" W

Descrición

Este cruceiro data de finais do s. XVIII, xa que nun dos dinteis ten a data do 1706. Estivo derrubado ata o ano 2010, no cal foi recuperado.De propiedade descoñecida, aínda que se comenta que é dos donos do Pazo de Allegue.
Encontrámonos cunha plataforma de tres chanzos e sobre esta un plinto. Enriba hai unha mesa onde se asenta unha base de dous tramos. O varal é cadrado nos extremos e o resto de forma hexagonal. O capitel é moi reducido. Como remate, o cruceiro ten unha cruz de carpinteiro. No seu anverso ten a imaxe do Cristo sobre unha caveira, no seu reverso posúe unha imaxe da Virxe coronada debaixo dunha margarita con manto e enriba de unha cabeza adornada con medias lúas.
Arriba