CRUCEIRO DE PAIZÁS

Etnográfico
529

Localización

Parroquia: Cambeda (San Xoán)

Lugar: Paizás

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 04.6" N - 9º 01' 51.0" W

Descrición

Un dos cruceiros máis fermosos da Terra de Soneira é o do Campo de Paizás. Situado enfronte á capela de Santa Mariña chama a atención o seu varal con estrías en forma de espiña de peixe. Érguese sobre unha plataforma octogonal de seis chanzos e sobre un pedestal con caveiras, ósos e unha píntega.
Na cruz, sobre follas e querubíns, a un lado Cristo crucificado con tres cravos e ao outro a Nosa Señora das Dores.
Segundo o historiador Xosé María Lema, pola inscrición na súa base “ARCEDIANO TRASTAMARA” foi realizado no século XVII en tempos de Sancho de Lema, que foi arcediago de Trastámara e fidalgo local.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Fisterra. Virar á esquerda en dirección a Baíñas e despois á esquerda de novo en dirección a Sanfins e Piñeiros. Continuar por esa estrada até chegar á capela de Paizás.
Arriba