TORRE DO RELÓ

Civil
494
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 04.2" N - 8º 52' 26.4" W

Descrición

Formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto. No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior substituíndose por esta data a campá mentres o reloxo actual, doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre destacan os escudos de armas.

Acceso

Como se localiza no casco antigo é recomendable achegarse a pé dende a Rúa Galicia, Joaquín Alonso ou ben pola rúa Colón dende o porto pesqueiro.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba