PRAZA DO RELÓ

Civil
972
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

Praza do Reló

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 03.8" N - 8º 52' 26.3" W

Descrición

A actual Praza do Reló recibiu outros nomes en función da época e da situación política do momento: Praza Mayor ata o s. XVI, despois praza da Constitución, da República y de España. Nesta praza atópanse os edificios máis significativos como a Torre do Reló, dependencias municipais no edifico do concello de 1839 e o actual concello no edificio indiano da Casa dos Alonso. Aquí tamén se localiza a Oficina de Turismo e Policía Local. A praza leva o nome da torre que formaba parte da antiga muralla medieval e que foi reedificada en 1730. No corpo da torre destacan os escudos de armas e o reloxo instalado en 1924.

Acceso

Como se localiza no casco antigo é recomendable achegarse a pé dende a Rúa Galicia, Joaquín Alonso ou ben pola rúa Colón dende o porto pesqueiro.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba