CRUCEIRO DE ÁNIMAS DE TÁBOAS

Etnográfico
565

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa Mariña)

Lugar: Chan da Igrexa

36456  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 58.3" N - 8º 29' 40.5" W

Descrición

Este cruceiro de ánimas érguese sobre dous chanzos cadrados que soportan unha base cúbica coas arestas rematadas. O varal, case cilíndrico, contén na súa parte dianteira inferior o retablo das ánimas, e por debaixo deste unha lenda enmarcada en rectángulo acordoado no seu perímetro. Complétase este varal na súa parte superior cos símbolos da paixón de Cristo e coa imaxe de Santo Antonio de Padua no seu reverso. O capitel que coroa esta columna é cilíndrico e presenta tres cabecitas de anxo e unha caveira aos pés do crucificado, separados por espirais. Na cruz dispóñense a figura de Cristo baixo INRI na súa parte dianteira, mentres na súa parte traseira aparece a Virxe das Angustias co fillo morto no seu colo. Todo este conxunto é obra do ano 1793.
Arriba