CRUCEIRO DE ARANTEI

Etnográfico
1205

Localización

Parroquia: Arantei (San Pedro)

Lugar: A Igrexa

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 41.6" N - 8º 32' 10.9" W

Descrición

Sitúase presidindo unha praza, a uns 50 metros aproximadamente da Igrexa parroquial de Arantei e do Pazo de Souto. Un pedestal de tres chanzos con molduras e inscrición sustenta un esvelto fuste no tramo medio do cal se pega unha bela escultura dunha imaxe mariana. Remata o conxunto unha típica cruz no anverso da cal se dispón un Cristo crucificado cun anxo aos seus pés portando un cáliz, o cal recolle o sangue de Cristo. Data do 1904.
Arriba