CRUCEIRO DE SANTA EUFEMIA DO MONTE

Etnográfico
844
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Eufemia do Monte (Santa Eufemia)

Lugar: A Igrexa

15820  Toques - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. A cruz está formada por cilindros que imitan a troncos, con imaxe do Cristo Crucificado na parte frontal, e a Virxe pola posterior. O capitel de volutas, está sobre un fuste decorado en forma de tronco de árbore coa codia marcada e ramas podadas. A base é de tres chanzos en cachotaría. Ao lado do cruceiro hai unha fonte.

Acceso

Accesibilidade: automóbil.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba