CRUCEIRO DE LOXO

Etnográfico
736

Localización

Parroquia: Loxo (Santa María)

Lugar: A Eirexe

15823  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 02.3" N - 8º 19' 58.0" W

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección cuadrangular cos brazos con chafráns e remates florenzados, ten as imaxes de Cristo crucificado no anverso e a Virxe en actitude de orar no reverso, con dous anxos tocando o laúde; capitel de forma cilíndrica con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados, volutas e caras; fuste de sección octogonal que comeza cadrado e cunha imaxe; pedestal cúbico rematado con chafráns que se apoia sobre unha plataforma cuadrangular de tres chanzos.

Acceso

En automóbil son 3,3 quilómetros, menos de 5 minutos dende a Casa do Concello, en Fonte Díaz. Seguir a AC-240 cara ó sur, dirección Ponte Ulla ata chegar a Loxo, alí xirar na segunda pista a man dereita e continuar recto ata que nos atopamos co recurso.
A pé son 2,7 quilómetros a 32 minutos dende a Casa do Concello, mesmo recorrido agás que en Loxo tómase o primeiro desvío a dereita e logo xirar a dereita no lugar da A Eirexe cara o recurso.
Arriba