CRUCEIRO DE RUBIAL

Etnográfico
746
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lestedo (Santa María)

Lugar: Rubial

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 43.3" N - 8º 27' 47.2" W

Descrición

Cruceiro sobre grada troncopiramidal e base circular, realizado en granito. Posúe cruz circular, leñosa e con nós, coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza cara a dereita, mans pechadas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita e INRI de pergameo no anverso e a Dolorosa cos dedos das mans entrelazados, espada cravada e sobre peaña dun anxo con ás no reverso. Capitel cuadrangular e fuste circular leñoso, con nós que comeza e remata cadrado. É de propiedade particular.

Acceso

Pola N-525 cóllese no núcleo urbano de Lestedo, a estrada que vai ao Pico Sacro. Ao chegar ao campo de fútbol, cóllese á esquerda e séguese a estrada ata chegar ao lugar de Ruibal. O cruceiro sitúase ao carón dunha fonte na marxe esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Máis información

Arriba