CRUCEIRO GAVEIRA PEQUENA

Etnográfico
854
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Catoira (San Miguel)

Lugar: As Gabeiras

36612  Catoira - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 50.5" N - 8º 44' 12.4" W

Descrición

Doado polo concello de Catoira, a súa base atópase profusamente decorada con formas curvilíneas, símbolos e osos relacionados coa morte. Fuste circular e dobre capitel o que incrementa a sensación de elevarse cara ao ceo. O primeiro capitel está ornamentado e o segundo é octogonal. Enriba as imaxes de cristo crucificado mirando cara a Catoira e a virxe co seu fillo no colo, mirando cara Rianxo. Indica a ruta fluvial do Camiño de Santiago.

Acceso

Non é posible o acceso desde terra. Para velo, desvío na n-550 xusto tras deixar atrás o lugar do Outeiriño. Hai que camiñar 300 m. y salvar o camiño de ferro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Máis información

Arriba