IGREXA DE SANTA CLARA

Relixioso
595
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)

Lugar: Deán Grande

Camiño Caramecheiro 4-6

15968  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 34' 08.1" N - 8º 59' 28.8" W

Descrición

Situada no barrio de Deán Grande, a 2 km do centro urbano de Ribeira, esta edificación de recente construción foi consagrada en 1993 polo arcebispo Antonio María Rouco Varela. 
É un edificio de estilo moderno que no seu deseño mestura os criterios da tradición relixiosa coa innovación construtiva. 
Na entrada pode verse un cruceiro de varal de factura recente. 

Acceso

Dende o centro urbano de Ribeira, tomamos a estrada AC-305 en dirección á Pobra do Caramiñal e Padrón. A 1,5 km atopamos un desvío á esquerda sinalizado que conduce á rúa Sidreiras. Avanzamos 350 m e atopamos un desvío á esquerda. Ao fondo desa rúa atopase a igrexa. 
A segunda opción é avanzar 1,7 km dende o centro de Riveira pola AC-305 en dirección á Pobra do Caramiñal e Padrón e tomar o desvío á esquerda. A menos de 100 m de tomar ese desvío a estrada bifurcase e a dereita continua polo Camiño do  Caramecheiro. Tomamos esa rúa, e 250 m da bifurcación atopase a igrexa no lado esquerdo da estrada. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba