POMBAL DE ANDEADE

Etnográfico
452

Localización

Parroquia: Andeade (Santiago)

Lugar: A Casa Grande

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 01.5" N - 8º 15' 32.1" W

Descrición

Construción de sección circular a partir de muros de cachotería, lucidos con morteiro de cemento e pintados de branco. As xambas e lintel da porta de acceso, son de cantería. Na zona alta e coincidindo coas aberturas para a entrada e saída das pombas, lousa de pedra perimetral. Cuberta cónica con remate de tella curva sobre entramado de madeira e remate de cumio con peza en pedra.
Forma parte do conxunto do Pazo de Andeade. Recurso privado. Pódese visitar baixo petición.

Acceso

En automóbil, saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 4,6 quilómetros uns 7 minutos. Hai que coller a AC- 240 dirección norte pasando polos lugares de O Barral e Santaia. Neste último xirar á dereita seguindo a sinalización cara a Área recreativa de Santaia ata o lugar de Outeiro. Na intersección continuar recto, ata o seguinte cruce onde tomaremos á esquerda, continuar ata a seguinte intersección onde xiraremos á dereita e continuaremos uns 200 metros ata ver o Pazo de Andeade a man dereita.
A pé e seguindo o mesmo percorrido, levando aproximadamente 56 minutos.
Arriba