POMBAL DE DIOÑO

Etnográfico
449

Localización

Parroquia: Cornado (Santiso)

Lugar: Dioño

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 34.5" N - 8º 15' 40.6" W

Descrición

Construción de planta octogonal a partir de muros de cachotería encintada con morteiro gris, agás os marcos da porta de acceso, así como unha xanela, que son de cantería. Percorre todo o perímetro, á altura dos buratos que permiten a entrada e saída das pombas, lousa de apoio. Cuberta a partir de tella curva sobre entramado de madeira e remate de cumio con peza de pedra.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 4,6 quilómetros, uns 6 minutos, coller a AC- 240 dirección norte pasando polos lugares de O Barral e Santaia. Neste último xirar á dereita seguindo a indicación Área recreativa de Santaia. Deberase seguir esta estrada ata chegar o lugar de Outeiro onde xiraremos á dereita na intersección. Continuaremos recto ata que vexamos o recurso man esquerda.
A pé sería continuar o mesmo percorrido, e levaría aproximadamente 1 hora.
Arriba