POMBAL EN MINCE

Etnográfico
564

Localización

Parroquia: Prevediños (Santiago)

Lugar: Mince

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 26.1" N - 8º 22' 34.4" W

Descrición

Construción de planta circular a partir de muros de cachotería. Percorre todo o perímetro unha lousa de apoio á altura dos buratos que permiten a entrada e saída das pombas. Cuberta a partir de tella curva sobre entramado de madeira e remate de cumio con peza de pedra.

Acceso

En automóbil 10,3 quilómetros durante 13 minutos collendo a AC-240 dirección sur, continuar por esa estrada ata a parroquia de Prevediños, onde atoparemos un indicador cara Mince a man esquerda. Alí xa atoparemos o recurso a man dereita a menos de 100 metros. Propiedade privada.
A pé serían aproximadamente 2 horas.
Arriba