PEDRA MOURA

Depósitos arqueolóxicos
927

Localización

Parroquia: Treos (San Miguel)

Lugar: Carnio

15126  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 52.7" N - 8º 58' 40.2" W

Descrición

A Pedra Moura conserva bastante ben a estrutura megalítica co seu dolmen de corredor parcialmente cuberto polo túmulo de terra. Este túmulo ou mámoa contaba tamén cunha coiraza pétrea que a recubría e que foi en parte alterada no ano 1989.
Consérvanse restos de pintura prehistórica vermella e negra sobre un revoco branco en diferentes laxes, aínda que son dificilmente perceptibles. A datación destas pinturas lévanos ao 4000-3600 a.C..

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección ao Arxomil. Nesta aldea xirar cara Pedra Cuberta e inmediatamente xirar á dereita seguindo os sinais de "Ruta dos dolmens".

Accesibilidade

Peonil.
Arriba