PEDRA DA LEBRE

Depósitos arqueolóxicos
666

Localización

Parroquia: Serramo (San Sebastián)

Lugar: Serramo

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 11.7" N - 8º 59' 02.5" W

Descrición

Este dolmen, coñecido tamén como Anta de Serramo, é un megálito de grandes dimensións que se atopa hoxe en día bastante alterado. Non se aprecian restos da mámoa  e as súas laxes ou ortostatos aparecen bastante descolocados. Porén, a maioría das pedras da cámara mantéñense na súa localización orixinal, o que permite deducir a existencia dunha cámara de 7 ou 8 lousas e un corredor do que parece conservarse unha soa pedra. A finais da década de 1990 descubríronse vestixios de pintura prehistórica negra e vermella en 4 dos seus esteos.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Serramo. Chegados a este lugar xirar á esquerda en dirección a Baio e a pouca distancia a man esquerda ao lado da estrada sitúase o dolmen da Pedra da Lebre.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Arriba