MINA DE RECESINDES

Depósitos arqueolóxicos
766

Localización

Parroquia: Carantoña (San Martiño)

Lugar: Recesindes

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 51.7" N - 9º 04' 24.2" W

Descrición

Conserva parte da mámoa, pero o máis rechamante é o dolmen, que é do tipo poligonal, case circular con corredor. As laxes verticais da cámara están magnificamente traballadas para non deixar ningún oco na unión entre elas e incluso se observa como na parte superior están regularizadas para poder encaixar perfectamente a tampa de cubrición, da cal non quedan vestixios na actualidade.
Téñense noticias da realización de escavacións por buscadores de tesouros durante a Guerra Civil, no ano 1936. Estes buscadores, segundo un veciño, atoparon 2 machados de pedra e unha cazola. As buscas de tesouros no interior de mámoas e dolmens son moi antigas no noroeste da península Ibérica.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Camariñas. En Recesindes xirar á dereita en dirección a Laxe. A poucos metros verase o sinal indicador cara á Mina.

Accesibilidade

Peonil.
Arriba