IGREXA DE SAN CRISTOVO DE CAMPOSANCOS

Relixioso
587
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Camposancos (San Cristovo)

Lugar: Camposancos

36596  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 45' 17.6" N - 8º 08' 36.7" W

Descrición

Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular precedida dun pequeno tramo recto do século XII. Dividida en tres partes por dúas columnas que chegan ata a cornixa, e que posúen capiteis e bases con escasa decoración. Na parte central pódese apreciar unha singular ventá seteira cegada, rodeada por un arco formado por cinco lóbulos, apoiado sobre pequenas columnas con capiteis de grandes follas, fustes e bases lisos. A cornixa norte está decorada con bolas e sostida por canzorros con forma de proa.

No interior, o tramo recto da ábsida cúbrese con bóveda de canón, e o semicircular con bóveda de forno. Conserva un arco triunfal de medio punto apoiado en columnas con capiteis decorados con grandes follas. Na súa fachada destaca a espadana barroca incorporada á románica, así coma un reloxo desprazado cara á dereita.

Acceso

Desde Lalín seguir a estrada PO- 206 dirección Vila de Cruces, na altura de A goleta virar á dereita dirección Camposancos .
Tempo estimado: 14 min. Distancia: 13,4 km.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Barroco
Arriba