IGREXA DE SAN PEDRO DE ERBO

Relixioso
649
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Palmou (San Xoán)

Lugar: Erbo de Arriba 4

36517  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 43' 12.1" N - 8º 06' 49.7" W

Descrición

Erbo foi parroquia ata o arranxo diocesano de 1890 no que pasou a depender de San Xoán de Palmou, co cal a súa igrexa quedou relegada a capela, a pesar da forte oposición veciñal. Algúns historiadores consideran  que foi lugar de paso xa dende época romana. É evidente que na idade media foi unha zona densamente poboada tal como testemuñan os numerosos vestixios románicos que se conservan na zona. 
A igrexa de Erbo é un pequeno templo rural de unha nave con sacristía e panteóns acaroados no muro norte. Este muro e o oposto son, non obstante, orixinais da fábrica románica, de finais do s. XII – principios do XIII, e conservan unha porta lateral con lintel, a cornixa, os canzorros, seteiras, e outros elementos. A ábsida foi remodelada en época moderna, así coma a sinxela fachada coroada por unha espadana simple e pináculos.

Acceso

Dende Lalín seguir a estrada EP-6009. A uns 6,5 km coller, cara a esquerda, en dirección Bermés-Palmou. Seguir durante 1 km collendo dúas veces a opción da esquerda e chegaremos á igrexa, en Erbo de Abaixo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba