IGREXA DE SAN XOÁN DE VILANOVA

Relixioso
721
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilanova (San Xoán)

36515  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 48.4" N - 8º 07' 45.9" W

Descrición

Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana contén dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.

Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.

Acceso

Dende Lalín coller a PO-902 en dirección a Irixo/Carballiño. Dende a rotonda do campo de fútbol en Donramiro percorrer 4,4 quilómetros ata chegar ao desvío, á dereita, cara a Vilanova. Collelo e seguir por esta nova estrada, chegando á igrexa 1,3 quilómetros despois.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba