IGREXA DE SANTA MARIÑA DE CANGAS

Relixioso
546
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cangas (Santa Mariña)

Lugar: Montrigo 12

36517  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 23.2" N - 8º 06' 09.6" W

Descrición

A data de construción da igrexa é 1179, segundo a inscrición que se pode ver na porta occidental. Dita porta occidental, posúe unha arquivolta lisa que descansa en dúas columnas coas bases enterradas; o mais interesante dela é o tímpano dunha soa peza facendo lintel e con dous lóbulos na parte inferior, sobre os que está a mencionada inscrición. A parte superior do tímpano está decorada con catro arcos e no centro unha estrela de 8 puntas con botón central. Tamén conserva da época románica os muros coas súas cornixas e varios canzorros xeométricos. Os capiteis románicos do arco triunfal exhíbense no museo de Pontevedra. 

Tanto a ábsida como a parte superior da fachada son de época barroca. Conta a tradición que esta igrexa - así como as próximas de Bermés e Rodís - ten lazos templarios, aspecto este do que non hai ningunha proba.

Acceso

Dende Lalín coller a EP-6009 (despois EP-6302) en dirección a Brántega. Dende a rotonda superior do centro comercial Deza, percorrer 7,3 quilómetros ata chegar ao desvío, á dereita, cara a Montrigo / Cangas. Collelo e seguir 900 metros, ata atopar un desvío, á esquerda, cara a Montrigo. Seguir por el, e 100 metros despois atópase, á esquerda, o sinal para a igrexa, que está 180 metros despois do desvío.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba