CASA REITORAL DE SAN MIGUEL DA RIGUEIRA

Civil
497

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)

Lugar: Ventoselle

27879  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 10.9" N - 7º 29' 52.1" W

Descrición

Casa grande de planta rectangular. Muros de mampostería con elementos nobres de sillería en conixas e cuberta de lousas de xisto. Bufardas e elementos ornamentais na mesma. Presenta galerías nas fachadas principal e posterior. A fachada principal ten unha escaleira de tipoloxía negobarroca de pouco valor artístico, feita de ladrillo e formigón. Portas alinteladas e fiestras rectangulares con batente de tres corpos.
Está situada á beira da estrada local de Ventoselle, nunha contorna formada por prados e terreos de cultivo, a escasos metros da igrexa parroquial de San Miguel da Rigueira.

Acceso

Dende o centro de Xove, xirar á man esquerda e tomar a estrada LU-P-2604, pasaremos fronte á Urbanización de Palmeiro e continuaremos nesta estrada durante uns seis quilómetros máis ata chegar ao lugar da Ponte do Carro, onde hai que tomar o primeiro desvío á man dereita e seguir uns metros máis ata a seguinte bifurcación para tomar o camiño da esquerda que conduce directamente á igrexa parroquial da Rigueira. Na marxe dereita do templo hai un camiño que conduce directamente á casa reitoral, que xa se ve dende abaixo.
Arriba