REITORAL DE SAN PEDRO DE XUANCES

Civil
669

Localización

Parroquia: Xuances (San Pedro)

Lugar: Pena

27877  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 42' 09.1" N - 7º 33' 15.0" W

Descrición

Vivenda de titularidade PRIVADA, en planta baixa e planta alta. Conta con muros de cachotería e elementos de cantería en vanos e cornixas. Ten a cuberta formada por entramado de madeira e cubrición de lousas de xisto. Porta de acceso rectangular rematada en lintel curvo e pequeno lucernario sobre a mesma. As fiestras son acristaladas con batente en dous corpos. Carpintería de madeira na porta de acceso e carpintería en fiestras de planta alta, sobre unha das cales se atopa un reloxo de sol. Conta cunha edificación apegada á vivenda con cuberta de fibrocemento a unha auga. Está situada nunha contorna rural, diante da igrexa parroquia de San Pedro de Xuances.

Acceso

Dende o centro de Xove seguir a estrada autonómica LU-862 en dirección oeste durante catro quilómetros, pasando fronte ao Polígono Industrial de Camba, ata o alto do Cruceiro, onde tomaremos o desvío á dereita pola estrada LU-P-2607 onde nos manteremos durante dous quilómetros ata o desvío á man esquerda, onde sinaliza a praia de Esteiro e Fontao, que corresponde á estrada LU-P- 2606, onde seguiremos un quilómetro máis, ata tomar outro desvío á man dereita, na mesma estrada, e onde xa aparece a igrexa sinalizada. A casa reitoral atópase diante do templo.
Arriba