PETRÓGLIFO DE PENA FURADA

Depósitos arqueolóxicos
532

Localización

Parroquia: Circes (Santa Mariña)

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 10.8" N - 8º 13' 47.6" W

Descrición

Primeiro petróglifo documentado no Concello de Touro atopado no ano 2017, aínda que xa referenciado na documentación do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza no 1953. Petróglifo sobre lousa a ras do chan composto por máis de 40 coviñas de forma redonda e ovoide e unha cruz, esta última posiblemente de factura medieval.

Acceso

En automóbil saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, son 9,9 quilómetros, uns 15 minutos. Débese seguir a AC-240 dirección Norte pasando polos lugares de Barral e Santaia. Neste último xirar á dereita cara a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro, alí coller a man dereita na intersección e continuar recto 1,5 quilómetros ata o lugar de Mane. Alí xirar á esquerda e continuar 1,6 quilómetros despois alí xirar a dereita e continuar recto pasando polos lugares de Sartes e Carballiño, despois continuar recto seguindo a sinalización existente cara o petroglifo, deberemos deixar o coche na pista, xa que chega un momento onde pasa a ser pista forestal. O recurso atópase a 200 metros por una pista forestal.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Arriba