FESTA DO POLDRO DE MURAS

Festas de interese turístico
1782
Datas de celebración: 24/09 - 24/09

Localización

27336  Muras - Lugo

Coordenadas:
43º 28' 50.9" N - 7º 41' 01.3" W

Descrición

Celébrase a cuarta fin de semana de setembro.
Muras é un concello que vive arredor dos seus cabalos todo o ano.
Nos montes da Gañidoira, en plena Serra do Xistral, celébrase cada ano a Feira do Poldro e o Gando do Monte.
A Feira naceu por iniciativa dun grupo de veciños e veciñas que viron, hai xa máis de trinta anos, a necesidade de pór en valor a carne dos poldros e demais gando bravo do monte, criado en liberdade, mantendo deste xeito a tradición das feiras e dos tratos entre os feirantes ata os nosos días.
A cita é a cuarta fin de semana do mes de setembro e nela reúnense gandeiros e gandeiras de toda a bisbarra para vender e/ou comprar os animais. Ademais disto, destacan tamén na feira actividades como as rutas polo Xistral, os paseos a cabalo para os máis pequenos, a degustación da carne de poldro, diferentes demostracións e, por suposto, as carreiras de cabalos, todo un atractivo para o público que acode á feira.

Destacado:
As carreiras e os espectáculos ecuestres.

Outras características

Feiras anuais
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba