Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA&body=Recoméndoche que leas a información PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/190430000434/parque-natural-serra-da-encina-da-lastra?ctre=40000140%26langId=gl_ES%26tp=40003930
O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra debe o seu nome á aciñeira, especie que ocupa a terceira parte da súa área. Posúe máis de 25 especies de orquídeas, máis da metade das citadas en Galicia. Consulta os detalles na páxina web da Consellería de Medio Ambiente.
Foi declarado como tal no ano 2002 e ten unha extensión de 3.151,67 hectáreas. Caracterízase pola presenza de bosques de especies mediterráneas, como a aciñeira ou o érbedo, e tomiñares silvestres, incluíndo especies protexidas como a magarza ou santolina, entre outras. Un punto destacado para os amantes da ornitoloxía é Pena Falcueira, un lugar onde se observan aves rapaces, como a aguia real ou o falcón peregrino. Dentro da súa fauna cómpre sinalar a súa colonia de morcegos, que con nove especies é a máis variada de Galicia. Outras especies de mamíferos protexidos son a londra e o desmán dos Pirineos. Está habitado tamén por anfibios e réptiles propios de medios secos e pedregosos. Entre os invertebrados inclúense as bolboretas, a vacaloura e o cangrexo de río autóctono, só
presente en poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense. Algúns dos peixes dos seus ríos están protexidos, como a boga ou a vermella.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.