GUIDOIRO AREOSO

Natureza no Camiño
1224
No Camiño de Santiago

Localización

A Illa de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 32' 26.4" N - 8º 54' 03.9" W

Descrición

Como é posible que varias mámoas chegasen a un illote no medio da ría? A xeoloxía ten a resposta: hai uns 3.000 anos o nivel do mar estaba entre 5 e 7 metros por debaixo do actual e a liña de costa centos de metros máis lonxe, polo que moi probablemente o Guidoiro Areoso formaba parte dunha península unida á Illa de Arousa. Isto explica como puideron trasladar os materiais para construír estes monumentos megalíticos.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba