CAPELA DE CALVOS

Relixioso
516

Localización

Parroquia: Calvos (Santiago)

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 03' 48.8" N - 7º 59' 58.4" W

Descrición

Capela de cachotería variada e grandes perpiaños de pedra. Porta con arco de medio punto e dous ocos os lados. Cuberta de tella a dúas augas e espadana pequena pero robusta con remate en cruz de pedra e pináculos de bola a ambos lados.

Acceso

A 6,2 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-411. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-411 ou tamén chamada rúa San Roque. Xirar á dereita a 100m cara a rúa Lamas Calvelo. Xirar á esquerda a 6km. Todo recto ata o recurso.
Arriba