CASA INDIANA EN GAXATE

Civil
724

Localización

Parroquia: Gaxate (San Pedro)

36850  A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 25.8" N - 8º 25' 30.9" W

Descrición

Casa de estilo ecléctico composta de soto, baixo, primeiro andar e baixo cuberta con 4 fachadas. Data de principios do século XX. Edificio de aire señorial realizado probablemente en dous tempos. A primeira fase constiúena o vlume prismático con torre que está próximo á estrada. A segunda, o corpo posterior. A parte máis antiga imita a arquitectura de finais do XIX, maila o despezamento das fiestras do primeiro andar suxiren formas modernistas. Os elementos máis clásicos están no soportal, nos balaústres e nos pináculos, así como na composición xeral a casa con torre. Como é propio do eclecticismo, podemos achar formas diversas-arco carpanel, arco de medio punto, canzorros, imposta quebrada, fiestras con vidros tomados con chumbo. A parte posterior con acceso propio. Xa amosa certos motivos modernistas nunha fachada con balcóns porticados con arcos de medio punto. O conxunto é heteroxéneo, pero cun tratamento de fachada axeitado poderíase acadar unidade.

Acceso

En pleno corazón da parroquia de Gaxate na autoestrada procedente de A Lama e Ponte Caldelas e que se dirixe a Verducido e Xesta.
Arriba