CASA SUÁREZ

Civil
511

Localización

Parroquia: Gaxate (San Pedro)

Estrada da Ponte 10

36853  A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 25.8" N - 8º 25' 30.9" W

Descrición

Estilo autóctono vilego. Composta por baixo, primeiro andar e baixo cuberta. Con catro fachadas completamente alicatadas con azulexos agás os elementos máis salientables de cantería: zócolo, cercos de ocos, imposta, beiril. A pedra tamén ten o seu protagonismo xa que foi tratada como produto decorativo ao tempo de formar parte da estrutura. Así vemos un arco trebolado no cantacuco, arcos escarzanos no primeiro andar. Os balcóns teñen varanda de ferro fundido e os vidros das portas-balcón están tratados ao ácido con sutil debuxo. O promotor foi Manuel Suárez González. Emigrante en Portugal.

Acceso

En pleno centro da parroquia de San Pedro de Gaxate. Na estrada que vai a Verducido e Xesta.
Arriba