MUVICLA. MUSEO VIVO E INTEGRADO DO CAMPO E DA LOCOMOCIÓN AGRARIA

Museos e coleccións
714

Localización

Parroquia: Trasliste (San Xoán)

Lugar: A Eirexe 1

27366  Láncara - Lugo

Descrición

É un espazo onde se pode observar unha casa de labranza tradicional, con produción de carne de tenreira galega suprema, e mazá para sidra (todo con certificacións oficiais). Como expresión de que no rural se conserva cultura, patrimonio e territorio, creouse un museo, no primeiro establo desta casa, o primeiro da parroquia, que se conservou coa tipoloxía tradicional, restaurando a estrutura da  cuberta en madeira, e conservando ventás ao pasado, como parte da canle de dexeccións, o depósito de ácido butírico ou toda a carpintería orixinal. Neste espazo amósase unha colección completa do tratamento do cereal en Galicia, desde un muiño Celta ata unha colleitadora autopropulsada, pasando por mallos, malladora sistema Suiza, Campeva ou atador de segadora autopropulsada. Noutra liña museística, integrada  nunha nova edificación con tipoloxía de “pendello tipo feira”, exponse unha colección de tractores (6), que se titula “paseo pola historia en tractor”, e que describe como foi a evolución dos tractores adaptada a fitos históricos no planeta.

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba