CAPELA DE SAN XOÁN DO XISTO

Relixioso
669

Localización

Parroquia: Toutón (San Mateo)

36874  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 04.8" N - 8º 29' 23.1" W

Descrición

Capela tradicional de planta rectangular e cuberta a dúas augas levantada en cantaría de boa calidade (opus quadratum). O edificio presenta unha serie de pequenos ocos de iluminación en forma de óculos e vans de derrame externo abertos nos alzados penal e costal. O acceso realízase a través dunha porta con lintel situada no eixo da fachada principal. O pinche, que carece de espadana pero que aparece protexido, foi coroado por unha pequena cruz latina labrada en granito.

Acceso

Acceso en coche desde estrada local.
Arriba