CAPELA DE SAN XOÁN

Relixioso
462

Localización

Parroquia: Mouriscados (San Cibrán)

36877  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 11' 32.5" N - 8º 23' 57.3" W

Descrición

Pequena capela tradicional de planta rectangular pouco desenvolvida e cuberta a dúas augas levantada en cantaría de mediana calidade (opus vittatum) que se sitúa no centro da aldea de San Xoán. Carente de ocos de iluminación, o acceso realízase a través dunha porta con lintel situada no eixo da fachada principal. O hastial aparece coroado por unha espadana dun único oco que acolle un pequeno sino.

Acceso

 Acceso en coche dende a N-120 e estrada local.
Arriba