IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE FRADES

Relixioso
714

Localización

Parroquia: Frades (San Martiño)

Lugar: A Cambra

36875  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 11.0" N - 8º 28' 19.8" W

Descrición

O templo presenta planta rectangular, que se remata nunha cabeceira cadrada, máis ancha e alta que o corpo principal. Apegada ao costal meridional do presbiterio disponse unha sancristía. Toda a fábrica é de cantaría.
A fachada principal organízase como un paramento liso, coroado por unha espadana, en cuxo eixo central se dispoñen a porta de entrada rectangular enmarcada por un arco de medio punto conformado por doelas isódomas. Sobre o oco de acceso unha xanela con derrame externo.
O frontispicio remátase mediante dúas cornixas que debuxan a dobre vertente da cuberta, entre as que se alza unha espadana de dobre oco estruturada por piares que chantan os seus alicerces sobre unha cornixa da que penduran tres placas barrocas rematadas en gota. O campanario coróase finalmente por un frontón triangular perforado por un óculo. Sobre os estremos da fachada sitúanse pináculos decorativos de forma piramidal.

Acceso

Acceso en coche pola estrada autonómica PO-252 e logo por estrada local en A Cambra.
Arriba